O Noso Estudo
NIMO/MEZQUITAarquitectura é un estudo galego que ofrece solucións globais no ámbito da Arquitectura e do Urbanismo.
Fundado no ano 2000, NIMO/MEZQUITAarquitectura (NMarq) consolidouse como un referente en solucións técnicas integrais. Con base en Galicia e máis de 25 anos de traxectoria, expandimos a nosa operatividade para xestionar proxectos tanto en España como no mercado internacional.
Desde a súa creación, o estudo adaptouse a unha contorna de profundos cambios, cun equipo de profesionais en continua formación, ofrecendo unha sólida experiencia profesional.
A actividade do estudo abarca todo o proceso urbanístico, desde o desenvolvemento do Solo ata a elaboración de Proxectos de Edificación e Dirección de Obra, culminando coa total Legalización da obra rematada. A iso súmase unha colaboración continua co cliente, ofrecendo asesoramento e xestión de trámites en todas as fases da promoción.
Neste marco acádase un alto grao de especialización en proxectos de Arquitectura Deportiva, con multitude de obras executadas en España e outros países europeos.
NIMO/MEZQUITAarquitectura conta para o desenvolvemento das súas funcións cunha ampla rede de colaboradores habituais e de carácter multidisciplinar. Deste xeito, os arquitectos do estudo actúan como coordinadores de proxectos complexos, nos que participan as firmas galegas máis importantes en enxeñaría, planeamento, asesoramento xurídico especializado, comercialización de activos, etc… ofrecen ao cliente un servizo completo e pechado.
Carlos Mezquita Fernández e Jorge Nimo Silva

